Acceso Exclusivo a Recursos de Adestrar sen Pantallas

Explora materiais para un uso saudable da tecnoloxía

Descubre como o deporte pode ser a clave para un equilibrio dixital saudable. Accede aos nosos recursos exclusivos e transforma o uso da tecnoloxía na túa comunidade.

O Programa

Adestrar sen Pantallas é unha iniciativa innovadora que busca promover o uso saudable da tecnoloxía a través do deporte. O noso obxectivo é mitigar os efectos negativos do uso excesivo de pantallas en nenos e adolescentes, fomentando un desenvolvemento equilibrado e saudable. Colaboramos con concellos e clubs deportivos en disciplinas como Atletismo, Baloncesto, Balonmán, Fútbol e Ximnasia, buscando expandirnos a novas áreas. O programa está deseñado para xóvenes de 12 a 13 anos, con adestradores formados para guiar un uso responsable das tecnoloxías, promovendo a detección precoz de adiccións dixitais e fortalecendo as habilidades sociais e emocionais a través do deporte.

AI Image

Contido protexido

Introduza a contrasinal

Enviar

Accede ao contido exclusivo

Introduce os teus datos no formulario para recibir as claves de acceso á nosa área de descargas. Descubre materiais exclusivos que che axudarán a promover un uso saudable da tecnoloxía a través do deporte.



Preguntas Frecuentes

Como podo acceder aos materiais de descarga?

Podes acceder aos materiais de descarga introducindo os teus datos no formulario dispoñible na nosa páxina web. Recibirás un correo electrónico coas claves de acceso necesarias.

Quen pode participar no programa?

O programa está deseñado para xóvenes deportistas de idades entre 12 e 13 anos, así como para adestradores, familias e clubes interesados en promover un uso saudable da tecnoloxía.

Que disciplinas deportivas están incluídas no programa?

Actualmente, o programa vaise implantar en clubs de Atletismo, Baloncesto, Balonmán, Fútbol e Ximnasia, sendo perfectamente aplicable a todas as disciplinas deportivas. Contacta con nós se queres implantar Adestrar sen Pantallas no teu deporte ou club

Cal é o obxectivo principal do programa?

O obxectivo principal é promover o uso saudable das pantallas a través do deporte, reducindo o impacto negativo do uso excesivo da tecnoloxía na infancia e adolescencia.

Como se pode colaborar co programa?

Podes colaborar co programa como adestrador, voluntario ou patrocinador. Contacta connosco para máis información sobre as oportunidades de colaboración.