Promoción do uso saudable da tecnoloxía dende o deporte

Que

Adestrar sen Pantallas é un programa de prevención orientado a promover un uso saudable das novas tecnoloxías a través do deporte, contando cos/as adestradores/as deportivos como figuras de referencia e deseñado especialmente -pero non exclusivamente- para adolescentes de idades en torno a 12-13 anos.

O programa é unha iniciativa da Fundación Galega contra o Narcotráfico no seu traballo no campo da prevención de adiccións co apoio e financiamento da Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade e Secretaria Xeral para o Deporte). Desenvolvemento técnico a cargo de UNIR (Universidad Internacional de la Rioja) coa supervisión científica da USC.

Froito do Convenio entre a Xunta de Galicia e a FGCN o programa vai ser deseñado e pilotado inicialmente nos concellos de A Estrada, Cambados, Ribeira e Vilagarcía de Arousa coa colaboración dos concellos e clubs participantes. As disciplinas deportivas seleccionadas para o inicio do programa son Atletismo, Baloncesto, Balonmán, Fútbol e Ximnasia; estando previsto extender o programa a novas áreas e deportes unha vez avaliada e consolidada a implantación inicial.

POR QUE

Adestrar sen Pantallas é unha resposta innovadora aos problemas que está a suscitar o uso cada vez máis temperán, frecuente e intensivo dos dispositivos dixitais na infancia e na adolescencia, con importantes implicacións en termos de saúde (tanto física, como mental) e de convivencia.

É ben sabido que o deporte constitúe un factor de protección de indubidable valor para a loita contra as adiccións.

Clubes e entidades deportivas constitúen excelentes escenarios de oportunidade para mitigar a pegada negativa dun mal uso da tecnoloxía, loitar contra as novas adiccións e reforzar a educación baseada nos valores humanos e na saúde.

PARA QUE

Deporte

Promover dende o deporte de base unha maior sensibilización social sobre a necesidade de traballar activamente no uso saudable das pantallas.

Adestrador@s

Promover dende a figura de adestrador@s e monitor@s deportivos (dotados da formación axeitada e coas pautas concretas) o uso equilibrado e saudable das pantallas e unha ciberconvivencia respectuosa e responsable.

Prevención

Favorecer a detección precoz e a prevención das novas formas de adicción entre as e os menores, nomeadamente o uso compulsivo ou problemático das redes sociais, a adicción aos videoxogos, o xogo e as apostas, que tanta preocupación social veñen suscitando.

Social

Fomentar o desenvolvemento de habilidades sociais, emocionais e físicas a través da práctica deportiva, como contrapunto ao sedentarismo e ao uso excesivo de pantallas.

PARA QUEN

O programa está deseñado para o traballo de xóvenes deportistas de idades entre 12 e 13 anos contando coa intervención cualificada de adestrador@s deportivos e técnicos/as.

ADESTRADOR@S

DEPORTISTAS

FAMILIAS

CLUBES

SOCIEDADE

EIXOS DE TRABALLO

ADESTRAR SEN PANTALLAS promove activamente:

As competencias dixitais

As competencias humanas

Estilos de vida saudables

MÁIS ALÁ DAS PANTALLAS

MÁIS ALÁ DAS ADICIÓNS

O deporte e a súa contorna ofrecen unha magnífica oportunidade non só para facer fronte ás novas adiccións, e educar no uso seguro e saudable das pantallas, senón tamén para sementar novas xeracións de mozas e mozos que saiban convivir con respecto, aceptar ao diferente e rexeitar toda expresión de violencia.

ADESTRAR SEN PANTALLAS, gañar en saúde quere axudar a construír boas persoas dende a base.

 

COA COLABORACIÓN DE:

NOVAS